quinta-feira, 15 de setembro de 2016

AS PLANTAS MEDICINAIS E O SEU USO TRADICIONAL EN GALICIA. O COUREL COMO REFERENCIA DA SABEDORÍA E A TRADICIÓN POPULAR

Sábado, 24 de setembro
11.00 a 14.00hr e de 16.00 e de 19.00hr
CURSO: AS PLANTAS MEDICINAIS E O SEU USO TRADICIONAL EN GALICIA. O COUREL COMO REFERENCIA DA SABEDORÍA E A TRADICIÓN POPULAR
Aportación: 20€ (pago anticipado)



Debido ao éxito das anteriores convocatorias, propoñemos unha nova edición do curso teórico-Práctico que parte da información que recompilou a farmacéutica María Moure durante os dous anos que viviu na Serra do Caurel. Despois dunha introdución sobre as características do territorio e da
poboación, estudaremos a cultura popular e a sabedoría tradicional que aínda conservan as xentes do Caurel a través dos seus remedios a base de plantas medicinais, que, ademais dos detalles sobre usos e aplicacións, inclúen apartados coma os ritos, as lendas ou as cancións.
A parte práctica do curso consiste nunha excursión ao paseo do Río Rato para coñecer "in situ" as herbas, árbores e arbustos con aplicacións medicinais, cos seus nomes vernáculos e os seus diferentes usos.

Reseña traxectoria profesional: María Moure de Oteyza é Licenciada en Farmacia pola USC e obtivo a Suficiencia Investigadora en dita Universidade. Actualmente centra á súa actividade nun libro baseado no uso tradicional das plantas medicinais da Serra de O Caurel, onde viviu dous anos. Imparte cursos, conferencias e talleres a través de diversas institucións (USC, Concello da Coruña, Deputación de Lugo) e en asociacións culturais e de terapias naturais.
Na actualidade realiza unha colaboración no Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Farmacia da USC.

O curso é o SÁBADO 24 de SETEMBRO de 11 a 14hr e de 16 a 19hr. Inscricións ata o 20 de setembro en bicodegrao@gmail.com ou no teléfono 982807935. Custe: 20€/persoa. PRAZAS LIMITADAS

Nenhum comentário:

Postar um comentário